A Empanadería: A casa das empanadas artesás

A Empanadería é o lugar onde atoparás a empanada que estabas buscando. Cunha masa rica e un recheo completo, que te deixa con ganas de probar outro anaco. Búscanos na rúa Vicente Ferrer, fronte ao Mercado de Elviña e os Novos Ministerios da Coruña.

Ademais, no noso local poderás atopar tamén todo tipo de comida para levar, primando sempre os produtos de temporada, que tanto che servirá para sacarte dun apuro un día como para unha gran comida na que non che apeteza poñerte a cociñar. Tamén temos pan e algún doce á túa disposición.

Compra a través da nosa web: 
entregamos en toda A Coruña

A través da nosa páxina web podes mercar as empanadas máis deliciosas da Coruña e entregarémoscha en calquera punto da Coruña cidade. 

As entregas serán a mediodía sempre que fagas o teu pedido antes das 10.30h, senón entregaremos ao día seguinte. Tamén podes facernos unha encarga e entregaremos cando nos digas. O custe é de 3,50€ por envío e para envíos superiores a 50€ será de balde.

ACCEDE Á NOSA TENDA ONLINE!



Unha empanada deliciosa

Feitas unha a unha no noso obradoiro

O único segredo é unha empanada elaborada con moito cariño, cun bo recheo e cunha masa fina, crocante e saborosa á vez

Dispoñemos dunha ampla carta de empanadas que temos todo o ano baixo encarga e vendemos ao peso. Ademais, atrevémonos con todo, e se tes unha petición, fáinolo saber e prepararémola para ti.

CONTACTA CON NÓS E FAI A TÚA ENCARGA!

TAMÉN PODES COMPRAR ONLINE E ENTREGÁMOSCHA NA CORUÑA CIDADE!

Podes contactarnos por teléfono, redes sociais, email ou whatsapp!

Estamos na Rúa Vicente Ferrer, 18 da Coruña, fronte aos Novos Ministerios!

Tamén facemos de comer

Produtos frescos, variados: verduras, carne, peixe, algunha sobremesa... cada día temos unha ampla variedade de pratos preparados para levar. Ademais, se o desexas, tamén nos podes encargar un menú para algunha celebración ou comida ampla. Incluso, podes vir e levar algunha sobremesa para completar o teu xantar. Lamberás os dedos!

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor, revise los detalles y acepte el servicio para ver las traducciones.