Ademais, no noso local poderás atopar tamén todo tipo de comida para levar, primando sempre os produtos de temporada, que tanto che servirá para sacarte dun apuro un día como para unha gran comida na que non che apeteza poñerte a cociñar. Tamén temos pan e algún doce á túa disposición.
As entregas serán pola mañá sempre que fagas o teu pedido antes das 8h, senón entregaremos ao día seguinte. Tamén podes facernos unha encarga e entregaremos cando nos digas. O custe é de 3,50€ por envío e para envíos superiores a 50€ será de balde.
O único segredo é unha empanada elaborada con moito cariño, cun bo recheo e cunha masa fina, crocante e saborosa á vez
Dispoñemos dunha ampla carta de empanadas que temos todo o ano baixo encarga e vendemos ao peso. Ademais, atrevémonos con todo, e se tes unha petición, fáinolo saber e prepararémola para ti.
CONTACTA CON NÓS E FAI A TÚA ENCARGA!
TAMÉN PODES COMPRAR ONLINE E ENTREGÁMOSCHA NA CORUÑA CIDADE!
Podes contactarnos por teléfono, redes sociais, email ou whatsapp!
Estamos na Rúa Vicente Ferrer, 18 da Coruña, fronte aos Novos Ministerios!
Produtos frescos, variados: verduras, carne, peixe, algunha sobremesa... cada día temos unha ampla variedade de pratos preparados para levar. Ademais, se o desexas, tamén nos podes encargar un menú para algunha celebración ou comida ampla. Incluso, podes vir e levar algunha sobremesa para completar o teu xantar. Lamberás os dedos!
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.