Non sabes que cociñar hoxe? Andas apurado e non che deu tempo a pensar en que facer? Fainos unha visita e levarás un saboroso prato de temporada, que seguro que che fará chupar os dedos.
Cada día temos varios pratos, con produtos de temporada e sempre variados: Peixes, mariscos, carnes, ensaladas, vexetais, pratos de culler... sempre comida variada.
Ademais, se tes unha comida, grande ou pequena, e non queres poñerte a cociñar, ou che apetece simplemente comer algo distinto, consúltanos e encarga o que che apeteza. Chámanos!
E se queres saber o que temos cada día, nos Stories do noso Facebook e do noso Instagram, imos subindo as nosas propostas diarias.
Cada día temos algún doce dispoñible para completar o teu xantar. Por exemplo, as nosas deliciosas larpeiras ou biscoitos, así como brownies, tartas en terrinas individuais para poder gozar delas na casa e moitas sorpresa. Todo feito por nós no noso obradoiro!
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.