A Empanadería: A casa das empanadas artesás
A Empanadería é o lugar onde atoparás a empanada que estabas buscando. Cunha masa rica e un recheo completo, que te deixa con ganas de probar outro anaco. Búscanos na rúa Vicente Ferrer, fronte ao Mercado de Elviña e os Novos Ministerios da Coruña.
Ademais, no noso local poderás atopar tamén todo tipo de comida para levar, primando sempre os produtos de temporada, que tanto che servirá para sacarte dun apuro un día como para unha gran comida na que non che apeteza poñerte a cociñar. Tamén temos pan e algún doce á túa disposición.
Unha empanada deliciosa
Feitas unha a unha no noso obradoiro
O único segredo é unha empanada elaborada con moito cariño, cun bo recheo e cunha masa fina, crocante e saborosa á vez
Dispoñemos dunha ampla carta de empanadas que temos todo o ano baixo encarga e vendemos ao peso.
CONTACTA CON NÓS E FAI A TÚA ENCARGA!
Podes contactarnos por teléfono ou whatsapp!
Estamos na Rúa Vicente Ferrer, 18 da Coruña, fronte aos Novos Ministerios!
Tamén facemos de comer
Produtos frescos, variados: verduras, carne, peixe, algunha sobremesa... cada día temos unha ampla variedade de pratos preparados para levar. Lamberás os dedos!