As nosas empanadas

Presentámosvos o noso produto estrela, as nosas empanadas. Facémolas de moitas variedades distintas, algunhas máis clásicas e outras máis novidosas. Cada día podes atopar diferentes sabores na nosa tenda, pero se desexas algunha en concreto, encárganos.

Estas empanadas teñen tres segredos: a masa, o recheo e o cariño co que están feitas. Unha masa crocante e saborosa á vez, un recheo moi abundante, cunha cebola moi feita pero sen aditivos e unha materia prima de primeira calidade e feitas todas unha a unha no noso obradoiro de maneira artesá con moito cariño e coidado,

Estamos seguros de que unha vez que probes unha, quererás probar moitas máis.

As empanadas véndense ao peso e, preferentemente baixo encarga, na nosa tenda, temos empanadas de:

-Atún 
-Bacallau 
-Bacallau con gambas* 
-Bacallau con pasas 
-Berberechos 
-Carne 
-Chicharróns con queixo Arzúa-Ulloa* 
-Grelos (con lacón, chourizo e queixo)* 
-Luras en tinta 
-Marisco* 
-Mexillóns con gambas 
-Polbo 
-Polbo con gambas 
-Polbo con zamburiñas* 
-Polbo con zamburiñas e gambas* 
-Polo con champiñóns 
-Polo con zorza* 
-Porco ibérico con cogomelos silvestres* 
-Raxo 
-Raxo en salsa de cogomelos con queixo*
-Vexetal (vegana)* 
-Xoubas* 
-Zamburiñas 
-Zamburiñas con gambas*
-Zorza   

*Recoméndase a encarga con 24 horas de antelación, especialmente aquelas que conteñen o asterisco
 

E tamén temos empanadillas! De ovo, atún, xamón e queixo, espinacas, bacon e dátiles, bacallau, bacallau con pasas, polo con champións, zorza, champiñóns con bacon ao porto... Cada día temos tres variedades distintas.

 

ADEMAIS, NA NOSA TENDA ONLINE TEMOS UNHA AMPLA VARIEDADE DAS NOSAS EMPANADAS QUE PODES MERCAR E ENTREGÁMOSCHE A DOMICILIO NA CORUÑA. BOTA UN OLLO!

 

Se tes algunha petición expresa, ou algunha que che guste moito, fáinolo saber e farémola para ti. O noso teléfono e correo está dispoñible para encargas.

Empanadas feitas unha a unha coas nosas mans

Aínda que moitos non nos cren, si, no noso obradoiro facemos todos e cada un dos procesos das nosas empanadas. Non veñen de ningún outro lado e son feitas todas e cada un coas nosas mans e, (como non) con moito cariño.

Non facemos empanadas iguais

Como podes comprobar, todas as nosas empanadas son distintas porque facemos todas unha a unha. Anímaste a probalas?

A empanada ao teu gusto

Atópanos na Rúa Vicente Ferrer, 18. A Coruña

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.